CRTVG

Buscar

Unha fragata norueguesa construída en Ferrol esnáfrase contra un petroleiro

Publicado o 09/11/2018 00:32
Unha fragata norueguesa construída en Ferrol esnáfrase contra un petroleiro

Polo menos sete persoas quedaron feridas nun accidente entre un petroleiro e unha fragada da Mariña norueguesa preto da costa do oeste de Noruega. Trátase da fragata KNM Helge Ingstad, unha das cinco da clase Fridtjof Nansen construídas por Navantia á Mariña norueguesa nos estaleiros de Ferrol.

A fragata estaba evacuando a súa tripulación de 137 persoas. Os servizos de rescate informaron de que aínda non se rexistraron danos ou fugas do petroleiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2018