CRTVG

Buscar

Ferido o condutor dunha furgoneta que envorcou en Triacastela

Publicado o 21/05/2019 15:14

Un camioneiro quedou ferido ao envorcar a formigoneira que conducía. O accidente produciuse no quilómetro 31 da estrada LU-633, á altura de San Cristovo do Real, en Triacastela.

Por causas que se descoñecen, o condutor perdeu o control do vehículo, que acabou envorcando nunha curva. Como resultado, un carril da vía permaneceu cortado ao tráfico durante boa parte da mañá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019