CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Unha firma de lencería deseña roupa interior específica para pacientes de cancro de mama

Publicado o 10/10/2017 15:22

Unha firma galega de lenzaría desenvolveu unha nova liña de produtos destinados a mulleres en procesos de recuperación de cancro de mama. A iniciativa xurdiu a raíz dunha paciente que lle trasladou á empresa a inexistencia no mercado de roupa interior pensada para este tipo de situacións.

Foi esta muller, Marga Prado, quen contou a súa experiencia e puxo de manifesto as necesidades que cada día viven as mulleres que pasan polo cancro de mama e polas súas consecuencias máis agresivas.

Esta firma de lenzaría tomou nota das súas necesidades e púxose man á obra. En colaboración co Grupo Español de Pacientes con Cancro, GEPAC, deseñou roupa interior específica para elas.

A firma de lenzaría e GEPAC asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades conxuntas para concienciar sobre o cancro e mellorar a vida das pacientes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí