CRTVG

Buscar

Unha festa ilegal en Sanxenxo remata con 22 denuncias

Publicado o 27/10/2020 15:13

A Garda Civil irrompeu esta fin de semana nunha festa ilegal en Sanxenxo. Estaban a celebrala no local dunha asociación de Noalla.

Os veciños escoitaron a música moi alta arredor das tres da mañá. Cando chegaron a este local social atoparon un grupo de mozos de entre 18 e 26 anos bailando, sen manter a distancia de seguridade e sen máscara. 

Ata aquí chegou tamén a Garda Civil. Os mozos afrontan duras sancións económicas por incumprir as normas sanitarias. Os axentes puxeron 22 denuncias.

 

Noticias web

27/10/2020