Unha festa en Bolivia provoca unha avalancha de xente para fuxir da policía
Publicado o 02/02/2021 17:22
Momentos de pánico nun local de copas de Bolivia, onde ducias de persoas saltaron as restricións para celebrar unha festa ilegal.
Moitos dos asistentes trataron de fuxir do local nada máis aparecer a policía. A avalancha de xente que se produciu logrou derrubar a porta do local e varios mozos quedaron sepultados baixo unha morea de persoas.
Non hai feridos graves, pero si varios detidos.