CRTVG

Buscar

Unha feira axuda os escolares vigueses a elixir o camiño que queren seguir

Publicado o 10/03/2020 20:34

Unha das cousas máis complicadas durante a etapa escolar dos rapaces é decidir que camiño seguir. Por iso as feiras educativas son unha boa oportunidade para coñecer a oferta con vistas a elixir o seu futuro. Esta tarde visitamos a Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo, onde acudiron máis de 20 centros educativos e un milleiro de estudantes. 

Brais ten 23 anos, estuda Enxeñería, pero pensa en abrir outras portas e ten novas perspectivas. Achegouse ata a Feira de Ensinanzas Artísticas en busca de novos horizontes.

A Natalia sempre lle gustou facer manualidades e decantouse por un ciclo de Xoiería.

As feiras educativas e profesionais, como a que se celebrou en Vigo, son unha boa oportunidade para elixir un oficio.

Unha desa formación foi a que atoparon os alumnos do Colexio Fogar. Eles construíron este piano con cartón e que..... se pode tocar.

Os alumnos de Moda e Xoiería realizaron un desfile para os asistentes.

Noticias web

10/03/2020