CRTVG

Buscar

Unha familia gabea un muro de catro metros para entrar na súa casa

Publicado o 30/06/2021 13:58

Para levar a cadeliña ao veterinario, Rosa precisa meter a mascota nun capacho e ter a axuda da súa nora porque só pode saír da súa casa cunha escada. Un proceso de concentración parcelaria, en 2006, deixou a vivenda cun único acceso que está pechado por un muro de catro metros.

Esta veciña, que ten problemas de saúde e que convive con dúas persoas dependentes, reclama unha solución urxente.

Unha comunicación recente de Medio Rural confirma que lle van prolongar o camiño de acceso, pero non se concretan prazos.

Noticias web

30/06/2021