CRTVG

Buscar

Unha familia do Porriño pide axuda para acabar coas ameazas e agresións que sofren por parte duns antigos inquilinos

Publicado o 14/02/2020 14:40

Son imaxes do luns á noite que acabaron cunha persoa detida e unha denuncia por ameazas e agresións ante a Garda Civil.

É un capítulo máis na loita desta familia por recuper a súa vivenda. Os inquilinos que tiñan de alugueiro desfixérona e acumularon múltiple débedas. Despois de catro anos conseguiron que o xulgado os desaloxara e mesmo renunciaron ao diñeiro que lles debían.

E é que aínda non poden gozar con liberdade da súa casa. Os inquilinos ocuparon outra vivenda do mesmo inmoble e continúan coas súas ameazas e extorsións. Piden axuda ás autoridades para poñer fin á situación.

Dáse a circunstancia de que os inquilinos son zamoranos. Porén, os afectados din que nada teñen en contra deste colectivo xitano co que conviven desde hai anos no Porriño.

Noticias web

14/02/2020