CRTVG

Buscar

Unha familia do Porriño di vivir entre montañas de palés dunha empresa

Publicado o 13/06/2018 14:26

Foron vivir ao rural para estaren tranquilos, e nada máis lonxe. Unha familia do Porriño vive temendo un incendio en calquera momento, pola acumulación de palés da leira lindeira. O veciño ten unha orde de paralización, pero os palés, alí seguen.

Cando hai un ano os propietarios desta vivenda da parroquia de Atios no Porriño compraron esta casa era unha zona tranquila. Pouco despois un empresario alugou a nave da leira contigua á vivenda para montar unha empresa de venda de palés. Os inquilinos denuncian que viven rodeados de torres de acumulación de madeira.

Os propietarios da vivenda presentaron denuncias en distintas administracións. O concello asinou un decreto e ordenou a paralización da actividade debido á ilegalidade das obras e por estar nunha zona rústica urbana. Os inquilinos din que xa venceu o prazo e que a empresa continúa traballando.

A Confederación Hidrográfica do Miño abriu un expediente sancionador á empresa pola ocupación sen concesión  do curso do río Couso. Os propietarios esixen que se cumpra a legalidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018