CRTVG

Buscar

Unha familia de músicos agasalla os seus veciños todas as tardes en Cambre

Publicado o 19/04/2020 16:25

Esta é a familia de músicos que ameniza as tardes no Temple, en Cambre. Todos os días, tras o momento dos aplausos, Jorge á trompeta, Begoña co saxofón, Matías ao violín e Alexandre co violonchelo interpretan pezas escollidas e a través da súa ventá envían as notas aos seus veciños. No barrio son moi aplaudidas tamén as interpretacións destes profesores de música e os seus fillos.

Noticias web

19/04/2020