CRTVG

Buscar

Unha familia de Cangas vai ser desafiuzada porque reclaman o herdo da casa en que viven

Publicado o 05/01/2021 14:42

Se ninguén o impide, o 21 de xaneiro Rosemary e os seus fillos, de 12 e 16 anos, serán desafiuzados desta casa en que viven dende que naceron.

Era a vivenda que compartían coa súa sogra, que llela deixou aos netos nun testamento no 2012, antes de que morrese o seu fillo de cancro.

O testamento foi cambiado no 2015, cando a avoa tiña 92 anos, a instancias doutro fillo ao que designou herdeiro universal. Dende entón Rosemary e os menores viven un pesadelo. 

A casa non ten nin luz nin auga, e Rosemary e os seus fillos menores van ser desafiuzados por non poder facer fronte ao 'caudal hereditario'. 

O seu avogado traballa para impugnar o último testamento e dende o Concello estudan a forma de axudar a familia. 

A esperanza para Rosemary chega da man dun empresario que hoxe mesmo lle ofreceu traballo nunha conserveira ao ver a súa historia na prensa. 

Noticias web

05/01/2021