CRTVG

Buscar

Unha familia das Nogais perde todo canto tiña no incendio da súa casa

Publicado o 16/04/2018 14:08

Unha familia do concello lugués das Nogais perdeuno todo, todo o que tiña, no incendio que arrasou a súa vivenda. Só se puido salvar o gando, grazas a que lles axudaron os veciños. Arestora están acollidos con familiares e achegados, mentres non lles arranxan a casa, que está asegurada.

A familia das Nogais á que lle ardeu a casa perdeu todo canto tiña. O incendio que arrasou a vivenda queimou tamén todas as súas pertenzas, incluída a roupa e a documentación. Só se puideron salvar os becerros e algúns apeiros de labranza, grazas á axuda dos veciños. Tanto para eles como para os familiares e amigos que os están a acoller, os damnificados só teñen palabras de agradecemento. 

A vivenda que ardeu encóntrase en Vilabol, na parroquia de Quintá. Estaba asegurada e fora reformada había pouco tempo. Mentres non estea arranxada, a familia seguirá a recibir a axuda dos seus. De feito, vivirán provisionalmente na casa que lles deixou unha veciña.

Polo de agora, os danos están pendentes de ser avaliados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018