Unha familia da Laracha pide colaboración para atopar o seu papagaio
Publicado o 18/03/2021 15:27
En Vilaño, unha parroquia da Laracha, buscan desesperadamente a Curro. Trátase da mascota da familia, pero non só iso, xa que se converteu na mellor terapia para a súa dona, que padece un cancro. E de aí o importante de atopalo e levalo de volta á casa.
Como di Carmen, a súa propietaria: "A alegría da casa". Unha alegría que o luns quedou truncada cando Curro aproveitou un despiste cunha porta aberta para saír voando.
Regaláronllo a María del Carmen as súas fillas polo seu 60 aniversario. Desde entón Curro converteuse en algo máis ca unha mascota.
Curro leva microchip e un anel en cada pata co seu nome. Carmen e Rosa percorerron a parroquia colocando letreiros. Piden a colaboración dos veciños para poder recuperalo.