CRTVG

Buscar

Unha familia da Lama, en Pontevedra, queda sen casa por mor dun incendio

Publicado o 25/12/2020 16:52

Unha familia da Lama, en Pontevedra, quedou sen casa por un incendio. O matrimonio acababa de chegar de México para as festas, e preparaban a cea coa nai da muller. Parece que a cheminea  puido ser a orixe das lapas. Foron rescatados por un veciño.

Así quedou a vivenda da parroquia da Xesta na Lama.A familia de Marité estaba preparando a cea cando unha faísca prendeu no tiro da cheminea e empezou a arder toda a casa. Cando as tres persoas que estaban dentro quixeron saíro non foron quen e tiveron que ser rescatados por outro veciño, Adrián

Os bombeiros do Salnés tardaron en chegar unha hora e media e tampouco puideron meter o camión polo camiño tan estreito. Os veciños pasaron momentos de tensión e temeron polas casas próximas

A que non puideron salvar foi a cadeliña da familia. Xosé María o propietario do único da Xesta acollleunos na súa casa ata as tres da madrugada pero ninguén ceou do nerviosos que estaban. Finalmente fron pasar a durmir á casa da sogra en Pontecaldelas




 

Noticias web

25/12/2020