CRTVG

Buscar

Unha familia da Arnoia, a única que segue a fabricar cubas no Ribeiro

Publicado o 27/07/2020 21:54

Na Arnoia, a apenas tres quilómetros de Ribadavia, está o taller familiar de Xosé. El representa a terceira xeración de cubeiros da súa familia.

Cando Xosé era máis novo, había anos en que fabricaban no taller ata trinta cubas de viño, e ben máis grandes ca esta. Agora os encargos son xa testemuñais, pero non deixaron de contar con toda a súa habilidade nin mudaron o seu xeito de traballar.

A súa materia prima é a madeira de castiñeiro ou de carballo, canto máis vella mellor, capaz de darlle matices ao viño sen modificar as súas características. Cómpren décadas de práctica e mesmo fórmulas matemáticas para que todo saia ben e á primeira.

Agora miran con algo de pesimismo cara ao futuro, pero non tiran a toalla. Seguirán recollendo encargos e apostando pola tradición e o traballo que aprenderon dos seus.

Noticias web

27/07/2020