CRTVG

Buscar

Unha familia coruñesa pide axuda nas redes sociais para intentar atopar os implantes cocleares dunha das fillas

Publicado o 01/01/2020 10:03

Esta é Olalla, ten dous anos, e é xorda. En agosto pasado fixéronlle unha operación de implantes cocleares. Hai unha semana a familia saiu facer as compras do Nadal. A nai, Isolina, cre que foi nesa tarde cando perderon a caixa cos implantes cocleares externos. Quitáranlle os aparellos porque a pequena estaba moi nerviosa.

Isolina Piñeiro Nai de Olalla: "A nena xa non quería o aparello, estaba estresada con tanto ruído, entón puxémolo na caixa e puxemos a caixa, sipostamente, no bolsoo do carriño e despois, pois perdín totalmente o control, non sei onde quedou, non sei chovía..."

Tras buscar por todos os lugares onde se moveron, sen éxito, a parella decidiu pedir axuda a través das redes sociais para intentar atopalos. Os implantes cocleares perdidos só lle valen á nena. Están valorados en dezaseis mil euros, un gasto que a familia non pode afrontar.

Isolina Piñeiro Nai de Olalla: "A caixa é unha caixa negra, ten os dous implantes porque a nena necesita os dous implantes, non vale outors doutros nenos, nin de maiores porque ten que ser ese, ten un código asociado ao que ten dentro da operación"

Os cinco membros desta familia coruñesa son xordos por un problema xenético. Todos levan audífonos. A pequena é a única que leva implantes cocleares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2020