CRTVG

Buscar

Unha falsa mensaxe de Correos trata de facerse cos datos bancarios dos usuarios

Publicado o 13/12/2019 15:06

A policía alerta doutra estafa, unha falsa mensaxe de Correos en que se piden os datos bancarios dos usuarios para enviarlles un paquete.

Chega por SMS ou por correo electrónico e nela reclaman 1 euro con 59 céntimos para completar o envío do paquete. Despois redirixe os destinatarios a unha web onde lles piden os datos persoais e bancarios, algo que Correos nunca fai.

O obxectivo do engano é roubarlles os cartos e o consello, ignorar e eliminar a mensaxe.












 

Noticias web

13/12/2019