CRTVG

Buscar

Unha falsa ameaza de bomba obriga a desaloxar o edificio Torre Espacio de Madrid

Publicado o 16/04/2019 16:08
Unha falsa ameaza de bomba obriga a desaloxar o edificio Torre Espacio de Madrid

O desaloxo foi completo, saíron todos os ocupantes do edificio Torre Espacio. A Policía Nacional comezou a evacuación pasado o mediodía. Acudiron tras recibir un aviso de bomba na embaixada de Australia, que ten a súa sede neste rañaceos. Tamén se desprazaron ata aquí os bombeiros, persoal de Urxencias e outros axentes policiais ao activarse o protocolo previsto nestes casos.

Foi unha falsa alarma, pero ata confirmalo, as forzas de seguridade realizaron un traballo complexo. Aquí traballan habitualmente unhas 2.000 persoas e hai prazas para preto de 1.300 coches. Trátase do cuarto edificio máis alto de España e o vixésimo de Europa. Ten máis de 50 andares e seis niveis de aparcadoiro. Segundo relatan os seus ocupantes, a evacuación durou uns 25 minutos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019