CRTVG

Buscar

Unha falecida e catro desaparecidos, último drama na ruta da inmigración ás Canarias

Publicado o 12/08/2021 08:48
Unha falecida e catro desaparecidos, último drama na ruta da inmigración ás Canarias

O drama da ruta migratoria canaria non cesa. Nas útimas horas faleceu unha muller antes de ser evacuada en helicóptero a un hospital de Gran Canaria. Viaxaba canda outros migrantes nunha pequena embarcación, que foi rescatada a 600 quilómetros da illa por un buque. Hai outros catro desaparecidos.

Salvamento Marítimo tamén rescatou outros 110 migrantes de orixe subsahariana que ían rumbo a Fuerteventura en dúas lanchas pneumáticas. Entre eles viaxaban 12 mulleres e un bebé.

 

Noticias web

12/08/2021