CRTVG

Buscar

Unha fábrica de zapatos de Monforte elabora máscaras pola tarde, que logo doa a quen as precisa

Publicado o 18/04/2020 21:47


Un exemplo de reconversión e de convivencia é esta fábrica de calzado de Monforte de Lemos que pola mañá fai zapatos e pola tarde máscaras, que logo doan a quen as precisa.

Cosidas polos catro costados e feitas cunha tea como a roupa de quirófano, na súa elaboración empregan material propio da fábrica.

Unha decena de voluntarios, familiares do propietario da fábrica, son os encargados de facer estas máscaras polas tardes. Xúntanse, pero mantendo as distancias, para fabricar algo tan esencial como os zapatos.

Todo un exemplo de solidariedade e adaptación aos tempos que corren.

Noticias web

18/04/2020