CRTVG

Buscar

Unha exposicíon recolle a investigación do CEIP dos Tilos sobre o concello de Teo

Publicado o 31/05/2018 14:27

A piques de que remate o curso, os corredores dos centros escolares convértense en improvisadas salas de exposición onde os alumnos poden contemplar o traballo realizado arredor dun proxecto. Un xeito diferente de aprender e involucrar toda a comunidade educativa que este ano levou os alumnos do CEIP dos Tilos a coñecer polo miúdo o seu concello, Teo.

Cunha exposición ao longo das tres plantas do centro, no CEIP dos Tilos amosan todo o que deu de si o proxecto documental que este ano os levou a coñecer polo miúdo o pasado, o territorio, a economía, a cultura e a xente do concello de Teo.

Un traballo que comezou no mes de setembro pasado, cando a mascota do centro lles entregou unhas caixas.

Deportistas, xornalistas, arquitectos, escritores, músicos e documentalistas de todo o concello foron algúns deses descubrimentos que os alumnos atoparon nas súas investigacións.Un xeito diferente de aprender  que  valoran  positivamente.

A exposición conta ademais con parte dos traxes elaborados para a recreación do tradicional espectáculo dos Xenerais do Ulla, protagonistas do Entroido do concello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/05/2018