CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Unha exposición percorre 2.000 anos de historia do viño en Monterrei

Publicado o 05/10/2017 14:33

A denominación de orixe Monterrei reivindica, a través dunha exposición, o lonxeva que é a súa historia. É unha das denominacións máis novas de Galicia, pero as súas orixes remóntanse a dous mil anos atrás.

Dionisos e Ampelos, os comisarios de honra desta mostra, son a proba de que os romanos xa practicaban a viticultura en Monterrei. O orixinal desta escultura, aquí recreada mediante un escáner 3D, apareceu nunha leira de Mourazos nun recente 1964.

A exposición recorre a obxectos e fotografías antigas para repasar a historia do viño en Monterrei. Nesta vese a extensión que ocupaban os viñedos hai 100 anos.

A mostra ofrécenos un percorrido polos procesos da produción do viño desde a antigüidade. Desde unha sulfatadora de cobre do século XIX ata os carros cos que transportaban os pipotes de viño no século XVIII. Tamén se observa a influencia da actividade vitícola na forma de vida e ata na arquitectura local.

En dous meses, a exposición xa supera as 3.000 visitas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí