CRTVG

Buscar

Unha exposición na Coruña invita a poñernos na pel de Leonardo da Vinci

Publicado o 20/05/2021 21:36

Imaxinen que van paseando e se atopan coas ideas dun xenio. Pois iso nos ofrece a exposición interactiva instalada nos xardíns de Méndez Núñez, na Coruña. O protagonista é o pensamento de Leonardo da Vinci.

É pasear, observar e sorprenderse. Descubrir as ideas de Leonardo da Vinci feitas maquetas a escala, maquetas que a través dun código QR se moven como o xenio renacentista imaxinou que se movían. É a parte exterior desta exposición.

Ringleiras de xente para ver, cada media hora, a parte interior. Entramos. Presentación cun vídeo que, 500 anos despois, une o pensamento de Leonardo cos nosos días.

Logo veñen as actividades, coma esta de luces e sombras. Pídennos ter a mente aberta, xogar para aprender. Non ter medo a equivocarse. Leonardo era un grande observador.

A idea é utilizar a curiosidade para ver o mundo real. A idea é espertar o desexo de aprender.

Noticias web

20/05/2021