CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Unha exposición mostra en Vigo as paisaxes de Antonio Quessada

Publicado o 13/02/2018 16:59

Realizada tres anos despois da súa morte, esta exposición quere mostrar a complexidade e a evolución da obra de Antonio Quessada.

Unha mostra impulsada dende o sentimento pola pegada persoal que deixou na familia, nos amigos e na cidade e tamén polo carácter emocional da súa obra.

Tracemos un mapa vital para entender a súa pintura: nace en Ourense en 1932; establécese e casa en Zamora; e remata vivindo en Vigo ata o seu falecemento.

O seu fillo Héctor contempla os cadros do pai. Pertence a unha dinastía de artistas que se estende dende os seus tíos Xaime, Fernando, Carlos, Ana Legido, ata os seus irmáns e curmáns.
Héctor Quesssada lembra o compromiso do pai coa liberdade e a cultura.

Falemos da paisaxe, un xénero que domina e práctica dende unha perspectiva persoal e un punto de vista tan elevado coma ceos de Castela.

Defíneo coma unha personalidade rochosa, temperamental e rómantica pero subliña a súa intelixencia

A mostra 'Antonio Quessada dende o sentimento' permanece aberta ata abril na Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

13/02/2018