CRTVG

Buscar

Bos días

Unha exposición homenaxea na Arxentina as principais revistas galegas da diáspora

Publicado o 28/04/2016 10:14

Unha exposición homenaxea na Arxentina as principais revistas galegas da diáspora.
Publicacións coma 'Suevia', 'Céltiga' e 'Eco de Galicia' que contribuíron a forxar a realidade galega alén do mar e a difundir a obra dalgúns dos nosos escritores e intelectuais máis destacados.

Vinte paneis coma estes dan conta da Galicia real e da imaxinada polas revistas máis importantes da emigración en Bos Aires durante o século XX.

A mostra conta co aval do Consello da Cultura Galega e analiza os exemplares que contribuíron a forxar unha idea colectiva de Galicia a un e outro lado do Atlántico.

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega

"É nesas revistas onde se valoriza o patrimonio, a paisaxe, as figuras e a cultura dunha forma ás veces moito máis positiva do que se facía nas revistas e publicacións da terra europea".

Revistas ilustradas coma "Suevia", "Eco de Galicia", a editada polo Centro Gallego e, especialmente Céltiga, son protagonistas desta homenaxe.

Silvia Pulpeiro, impulsora da dixitalización de Céltiga

"A diversidade foi importante en Céltiga, pero hai algo que talvez fai a diferenza e é que había un apartado que tiña que ver cos centros sociais que había en Bos Aires".

A exposición forma parte da programación da Feira Internacional do Libro de Bos Aires, en que Santiago de Compostela é convidada de honra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

28/04/2016