CRTVG

Buscar

A Revista

Unha exposición explica as obras de restauración na catedral de Santiago

Publicado o 31/07/2015 13:32

Un novo tempo para a catedral de Santiago" e o nome da exposición que se inaugurou hoxe, para mostrar as obras de restauración que se están a levar a cabo no conxunto catedralicio.

No ano 2006, o asinamento dun convenio de colaboración entre distintas institucións permite iniciar un ambicioso programa de restauración da catedral de Santiago.

O convenio do 2006, ampliado no ano 2010, contempla obras de conservación e restauración do Pórtico da Gloria, pero tamén unha serie de actuacións de recuperación e reparación urxente de todo o conxunto., incluído un plan preventivo para no posible evitar a deterioración.

Esta mesma maña, no Pazo de Xelmírez, anexo ao tempo catedralicio, inaugúrouse unha exposición baixo o epígrafe de "Un novo tempo para a catedral de Santiago".

A exposición, sinxela pero moi instructiva, amosa e explica as obras de reparación e acondicionamento que se están a facer no santuario do Apóstolo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

31/07/2015