CRTVG

Buscar

Unha explosión nunha rúa de Lyon deixa polo menos trece feridos leves

Publicado o 24/05/2019 23:35
Unha explosión nunha rúa de Lyon deixa polo menos trece feridos leves

Unha explosión nunha céntrica rúa peonil da cidade francesa de Lión deixa polo menos trece feridos leves. A explosión produciuse sobre as cinco e media da tarde diante dunha panadería, preto da praza Bellecour, no corazón da cidade. A policía busca activamente o home que colocou o artefacto para tratar de localizalo. A investigación inicial lévaa a Fiscalía de París, que é quen centraliza os casos de terrorismo. O artefacto era de baixa intensidade e contiña abundante metralla. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019