Unha explosión nunha arqueta deixa sen subministración eléctrica vivendas e negocios da rúa Galeras en Santiago
Publicado o 02/02/2021 14:17
Varios estouridos sorprenderon os veciños da rúa Galeras en Santiago ao redor das 10 e media da mañá. As explosións procedían dunha arqueta fronte ao número 28 de onde comezou a saír fume e acto seguido quedaron sen luz. Varios negocios tiveron que pechar ao non poder traballar.
Ata o lugar desprazáronse bombeiros, Policía Local e operarios da empresa subministradora para intentar reparar a avaría.
Tres horas despois do accidente, os operarios seguían traballando no lugar da avaría e aínda non se restablacera a subminsitración eléctrica na zona.