CRTVG

Buscar

Unha explosión nas Maldivas deixa feridos o expresidente Nasheed, o seu escolta e un turista

Publicado o 07/05/2021 08:58
Unha explosión nas Maldivas deixa feridos o expresidente Nasheed, o seu escolta e un turista

A explosión dunha bomba deixou ferido o actual presidente do Parlamento das Maldivas e expresidente do país.

O político saía da súa casa cando estoupou o artefacto explosivo, que deixou feridos tamén o seu garda de seguridade e un turista. De momento, ningún grupo asumiu a autoría do atentado, aínda que o presidente xa fora obxectivo de grupos radicais islámicos.