Unha explosión controlada acaba coa ponte Morandi de Xénova
Publicado o 28/06/2019 21:57
A ponte Morandi de Xénova foi dinamitada hoxe con cargas controladas, nunha obra de enxeñería explosiva sen precedentes en Italia. A parte central da ponte derrubárase o 14 de agosto do ano pasado. Coches, camións e condutores caeran ao río. Morreran 43 persoas. A nova ponte xa comezou a construirse.