CRTVG

Buscar

Unha escavadora rebenta unha tubaxe de gas en Santiago

Publicado o 28/07/2021 15:12

Moi cerca da estación Intermodal de Santiago houbo outro pequeno susto esta mesma mañá que mobilizou os bombeiros de Santiago, a Policía Local e o 061.

Unha escavadora rebentou unha tubaxe do gas nunha zona moi próxima ás vivendas. A incidencia obrigou a cortar momentaneamente dúas rúas ante a posibilidade de que se producise algunha explosión.

Tras arranxar o escape e comprobar que non houbese bolsas de gas nas proximidades nin filtracións aos edificios colindantes, restableceuse o tráfico na zona.

Noticias web

28/07/2021