CRTVG

Buscar

Unha estudante de Dereito gaña o seu primeiro xuízo defendéndose a si mesma

Publicado o 08/02/2018 21:22

Unha estudante de Dereito da Universidade de Vigo acaba de gañar o seu primeiro xuízo. A moza, de 22 anos, defendeuse a si mesma nun caso por despedimento improcedente nun emprego de verán como socorrista nunha piscina municipal.

Elisa Castiello ten 22 anos, estuda 4º de Dereito e xa gañou o seu primeiro xuízo. A toga era prestada.Como no social calquera cidadán pode exercer a súa defensa, esta moza leonesa xuntou probas documentais e unha conversa gravada co seu ex-xefe para demostrar a improcedencia do seu despido dun traballo de verán.

A sentenza deulle a razón pero esta futura avogada ten claro que vai presentar un recurso de reposición para acadar unha indemnización de 1.500 euros por danos e perxuízos coa que poderá seguir pagando os seus estudos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2018