CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Unha estudante de Caldas de Reis gaña o concurso 'Carta a un militar español'

Publicado o 09/05/2018 21:20
Unha rapaza de 4º da ESO do colexio plurilingüe San Fermín de Caldas de Reis foi a gañadora do concurso 'Carta a un militar español', organizado polo Ministerio de Defensa. Icía Rey é a autora da carta titulada 'Vidas de entrega', en que eloxia a dedicación dos soldados en cada misión. No concurso participaron 8.500 estudantes de 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato de toda España.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

09/05/2018