Unha estadounidense demanda o príncipe Andrés por abusar dela cando era menor
Publicado o 10/08/2021 11:54

Unha muller estadounidense demanda o príncipe Andrés de Inglaterra por abusar sexualmente dela cando era menor de idade. O acusado, fillo da raíña Isabel II, nega os feitos.
A muller é unha das supostas vítimas de abusos sexuais do magnate estadounidente Epstein, acusado de abuso de menores.
O príncipe Andrés de Inglaterra precisamente anunciaba en 2019 que deixaba as súas actividades públicas pola súa relación cun escándalo vencellado con Epstein.