CRTVG

Buscar

Unha España sen gol empata contra Portugal

Publicado o 05/06/2021 14:39

Gran parte deses asubíos recaeron en Álvaro Morata que antes de estrelar a pelota no traveseiro dispuxo doutras claras oportunidades estragadas ante Rui Patricio nun partido no que a selección so disparou dúas veces entre os tres paus. Malia todo, o técnico é optimista ante o futuro que lles agarda.

Luis Enrique. Seleccionador español. "Despois de dous partidos contra Alemaña nos últimos doce meses, dous países contra Países Baixos e dous contra Portugal, España non perdeu ningún, deu a cara en todos, foi xogar de cara en todos e logo cada un pode decidir se lle ilusiona, se non lle ilusiona, se é optimista, eu sonno, seguireino sendo porque é o meu traballo e ademáis son bastante bon neso".

Portugal apenas inquedou. No primeiro tempo anulouselle este gol a Fonte por falta no salto a Pau Torres.

E pouco despois, Unai Simón con todo o campo para el foi estrelar a pelota contra o corpo de Cristiano, outro dos asubiados pola bancada.

No segundo tempo, España mellorou a súa imaxe, pero faltoulle definición ante a meta rival. Sarabia enviou alto un remate claro.

E nos últimos minutos, Ferrán Torres fixo lucirse a Rui Patricio.

Mentres que Morata volveu levar un pau no remate que provocaron cánticos na súa contra.

Luis Enrique. Seleccionador español. "Moléstame que se faga eso cos meus xogadores, moléstame e dígoo claramente, pero tamén entendo que cada un poda facer o que quera".

Previamente, España e Portugal pactaron organizar xuntas o Mundial 2030.

Noticias web

05/06/2021