Unha escultura hiperrealista invita a reflexionar sobre a soedade dos anciáns
Publicado o 28/11/2019 12:41
Preto de nove millóns de persoas maiores de 65 anos viven soas en España, e o 43% supera os 80 anos.
A da imaxe non é uha delas. Trátase dunha escultura hiperrealista sentada nun banco nunha rúa de Bilbao para invitar a reflexionar sobre a soidade dos anciáns, que en ocasións morren sen que ninguén se dea conta ata días, semanas ou meses despois.
A muller do banco parece triste ou preocupada, e algúns paseantes pensaron en achegarse a preguntarlle se precisaba axuda, ata que se deron conta de que era unha estatua e acabaron facendo fotos con ela.