CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Unha escola de Baiona representará a España na Copa do Mundo de Danza

Publicado o 15/06/2018 21:35







Ademais da española, entre outras, hai outra selección que xoga un mundial cunha equipación vermella, a da escola Galicia en Danza que vai representar a España na Copa do Mundo que se celebrará en Sitges dentro duns días.

Teñen un mundial nos seus pés e experiencia en competicións a alto nivel.


A poucas horas do seu debut representando a España na Copa do Mundo de Danza, esta selección de 26 bailaríns de 7 a 16 anos ensaia 'Río', unha coreografía inspirada no Brasil e a única das dez coas que competirán en que participa o grupo ao completo.

As boas expectativas das baionesas serían mellores con menos apuros económicos, xa que case todos os gastos recaen nas familias.


53 países disputarán a Dance World Cup en Sitges a partir do vindeiro 22 de xuño.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

15/06/2018