Unha estudante de Brión, mellor traballo de tradución de toda España
Por segundo ano consecutivo, o instituto público de Brión, na Coruña, é elixido como o mellor de España nun concurso de tradución en que participan máis de setecentos centros de toda Europa. O traballo de Sara Picos foi seleccionado como un dos mellores 28 traballos de tradución de toda Europa e o mellor de España.
Bernice é irlandesa e profesora de inglés no Instituto público de Brión, na Coruña. Por segundo ano consecutivo, tócalle acompañar un alumno seu, neste caso Sara, ata Bruxelas, para recibir o recoñecemento ao mellor traballo de tradución de toda España. Os tradutores das institucións comunitarias levan doce edicións preparando, unha vez por ano, o certame Novos tradutores, en que se premia a mellor interpretación dun texto. Sara elixiu traducir do inglés ao castelán.
E gañou. A súa interpretación sobre o Interrail foi, para o xurado, o mellor traballo de todos os presentados dos máis de cincuenta centros participantes de España. Máis de setecentos de toda Europa.
Participaron máis de tres mil cincocentos alumnos de toda a Unión Europea. O premio, ademais da satisfacción do traballo, é unha viaxe a Bruxelas para coñecer o traballo diario dos tradutores comunitarios e intercambiar experiencias co resto de alumnos premiados de toda Europa.