CRTVG

Buscar

Unha enquisa apunta á baixada do PSOE pola negociación con Esquerra

Publicado o 15/12/2019 15:15

Unha enquisa, que publica hoxe o xornal La Razón, dá conta do impacto político das negociacións dos socialistas con Esquerra Republicana. La Razón destaca en titulares: "O PSOE cae en 350.000 votos nun mes pola negociación con ERC".

Os socialistas baixarían a entre 116 e 118 escanos desde os 120 actuais. En fase de lixeiro ascenso, con respecto ás eleccións xerais, sitúanse o Partido Popular, Vox e Unidas Podemos, mentres Ciudadanos seguiría en descenso. No ámbito catalán, Esquerra está en tendencia á baixa e Junts per Catalunya á alza.

 

Noticias web

15/12/2019