CRTVG

Buscar

Unha enquisa de Metroscopia di que o PP revalida a maioría en Galicia

Publicado o 15/02/2020 14:36

A oito semanas das eleccións autonómicas, hoxe coñecemos a primeira enquisa tras a convocatoria dos comicios. Segundo a sondaxe de Metroscopia que hoxe publica El Confidencial, o PP mantería a maioría absoluta con 39 escanos. Segundo esta enquisa, hai un transvasamento de votos e escanos nos partidos da oposición. O PSOE sobe lixeiramente ata os 16 escanos, pero a maior suba é para o BNG, que pasaría de 4 a 14 deputados e disputaríalle esa segunda praza aos socialistas. Unha posible alianza de Podemos e Esquerda Unida colleitaría seis escanos. Quedarían fóra da cámara En Marea, Ciudadanos e Vox.
 

Noticias web

15/02/2020