Unha enquisa de 'La Razón' suspende a xestión do goberno de coalición

O Goberno PSOE-Podemos non aproba na súa xestión, segundo unha enquisa que publica hoxe o xornal La Razón. O actual executivo, remodelado por Pedro Sánchez coa remuda de sete ministros, cumpre cen días.
Para o 61 % dos enquisados, a valoración é mala ou moi mala, mentres que o 32 % cualifícaa de boa ou moi boa. Case catro de cada dez cren que todo segue igual no novo Goberno, mentres que o 37 % considera que a situación empeorou.
E El Mundo publica unha enquisa coa estimación de voto. Conclúe que Casado mantén a maioría das anteriores sondaxes, con 129 escanos ao obter case o 29 por cento dos votos, e podería gobernar co apoio dos 47 de Vox.
Sánchez obtén 99 deputados co 25 por cento dos apoios, e mantense estancado polo tirón de Díaz, que fai medrar a Podemos ata os 25 escanos. A vicepresidenta segunda do Goberno é a mellor valorada polos enquisados.