CRTVG

Buscar

Unha enquisa de La Razón di que os españois só aproban a xestión da ministra Robles

Publicado o 16/08/2021 12:44
Unha enquisa de La Razón di que os españois só aproban a xestión da ministra Robles

O xornal La Razón publica hoxe unha enquisa de opinión sobre o executivo de Pedro Sánchez.A maioría considera que a última remodelación do gabinete non era necesaria nin mellora a xestión. Dos actuais 22 ministros, so aproba unha: Margarita Robles, de Defensa, cun 5 raspado. O resto suspenden, incluídas as últimas sete incorporacións. Os que peor nota sacan son os titulares de Igualdade, Irene Montero, e o de Consumo, Alberto Garzón, os dous de Unidas Podemos, cunha nota de 2,8, segundo a sondaxe.

Noticias web

16/08/2021