CRTVG

Buscar

Unha enquisa de 'ABC' recorta a distancia entre PSOE e PP, que subiría 30 escanos

Publicado o 26/09/2019 15:35

Unha enquisa de ABC cifra en nove escanos a irrupción do partido de Errejón e apunta unha forte suba do PP e un lixeiro descenso do PSOE.

Os socialistas perderían dous escanos con respecto a abril e quedarían con 121, mentres que os populares pasarían de 66 a 97 deputados. Sería á conta principalmente de Ciudadanos, que se derruba ao pasar de 57 a 32. Unidas Podemos perde oito dos seus 42 deputados, practicamente os mesmos que obtería Más País. Vox lograría 21 escanos, tres menos que nas anteriores eleccións.

Noticias web

26/09/2019