CRTVG

Buscar

Unha empresa organiza rutas nocturnas e diúrnas polo Lérez a bordo dunha táboa de pádel surf

Publicado o 30/08/2020 14:28

Coñecer Pontevedra desde outra perspectiva xa é posible, o Concello e unha empresa de deportes e cultura urbana organizan rutas nocturnas e diúrnas polo Lérez a bordo dunha táboa de pádel surf.

Acompañamos esta mañá un grupo que coñeceu a cara máis agreste e salvaxe da cidade de Pontevedra.

Calquera diría que estamos no termo municipal de Pontevedra, de a cabalo entre Monteporreiro e o Lérez. Só uns privilexiados gozan desta vista desde o medio do río practicando pádel surf.

Para participar non fai falta ter coñecementos previos, aquí dannos unhas pequenas nocións e facilítannos unha táboa de grande estabilidade e mesmo con asento se a quixésemos.

As prazas ofrecidas polo Concello esgotáronse axiña, os asistentes puideron contemplar pequenas fervenzas, o vello balneario do Lérez, a fábrica de augas de Pontevedra ou a antiga central eléctrica. Aquí, todo o que proba repite.

Parte da experiencia é caer e saber, coma en todo, como erguerse. Ademais, moitos deles, tanto monitores coma alumnos, aproveitan o percorrido para ir recollendo lixo e máscaras do río.

Noticias web

30/08/2020