Unha empresa madeireira de Lugo para a produción para cortar un gromo entre o persoal
Publicado o 28/01/2021 15:10
Un gromo, neste caso nunha empresa madeireira de Lugo, leva ao peche e á parada da súa produción polo menos unha semana.
Tras os primeiros casos, a empresa solicitou a Sanidade un cribado entre o seu persoal, en que se detectaron once casos positivos. A maioría son asintomáticos ou teñen un cadro leve da enfermidade. Descoñécese a orixe do contaxio, pero pode ter varios focos, porque hai infectados traballadores de distintos departamentos.
A empresa conta actualmente con 82 empregados. Como medida de prevención, decidiron parar a súa actividade para cortar de raíz a cadea de contaxios.