CRTVG

Buscar

Unha empresa lalinense elabora un iogur de cocido con marmelada de grelos

Publicado o 30/01/2017 12:45

En principio esta sobremesa ofrecerase soamente na feira do cocido de Lalín. Da súa aceptación dependerá pensar na súa produción para a venda

Textura suave e cremosa  combinada co cun sabor propio da terra levemente endulzado. Este é o padal que deixa, o iogur de cocido e marmelada de grelo. A innovadora porposta dun obradoiro de iogures artesán situado, como non podia der doutro xeito, en Lalín.

Elaborado con leite de Rodeiro, e marmeladas artesás, os seus creadores, aseguran que o éxito do seu sabor e da textura está na materia prima, á que non engaden conservantes nin quimicos. Unha sobremesa orixinal que se poderá degustar na Feira do cocido de Lalin.

Unha combinación de dous sabores característicos da terra, que seguro que non deixará indiferente a quen o probe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/01/2017