CRTVG

Buscar

Unha empresa galega recibe pedidos de separadores de vidro para a hostalería de toda España

Publicado o 08/05/2020 16:04

Os hostaleiros fan números. Hai que abrir con seguridade, pero a redución do número de mesas pode facer que non dean as contas. Para garantir a separación entre os comensais que esixe a nova normativa, esta empresa de Pontevedra dedicada ao vidro para a construción e automoción, desenvolveu tabiques que aproveitan todas as vantaxes que ten este material.

Buscan tamén que os prezos sexan axustados e queren asegurar que non se produza un desabastecemento de material, como sucedeu co metacrilato. Entre as vantaxes do vidro destacan tamén a estética e a versatilidade.

Xa están a recibir pedidos de toda España.

Noticias web

08/05/2020