O 5G estréase este sábado en 15 cidades españolas, entre elas Vigo e A Coruña
A revolución tecnolóxica que trae a 5G estrease este sábado en 15 cidades españolas, entre elas A Coruña e Vigo. A conexión ultrarrápida comezou xa a instalarse nos avións non tripulados e a primeira en facelo foi unha empresa galega que cre que a nova tecnoloxía abre posibilidades infinitas.
Un avión non tripulado, un dron, será parte da revolución tecnolóxica que se aveciña. Estes aparellos están equipados coa conexión ultrarápida 5G, trasmitirán imaxes de alta calidade en tempo real e poden ser manexados a distancia desde unha tableta ou un móbil dotados da mesma tecnoloxía.
E o primeiro voo dun avión destas características realizouno a empresa galega Aeromedia.
"Desde que se toma un dato ou sen envía unha orde, o tempo en que se vé ou executa esa orde é moi baixo; estamos falando de cinco milisegundos. E a cantidade de información que pode viaxar por ese sinal tamén se multiplica por dez ou por cen", explican os responsables.
Os responsables da empresa aseguran que a 5G ofrecerá posibilidades infinitas: "O 5G é total é global. O que está agora tan de moda o internet das cousas, ao fina todo está conectado; a levadora, a neveira, a cociña, calquera dispositivo, o reloxo, os drons, os coches... o que permite esta tecnoloxía é poder xestionar toda este número de comunicacións de xeito simultáneo".
A conexión 5G estrease este sábado en quince cidades españolas, entre as que figuran Vigo e A Coruña.