CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Unha empresa galega presenta unha innovadora liña de alimento para cabalos

Publicado o 31/01/2018 21:16




Estivemos nunha empresa galega que leva catro décadas fabricando penso para vacas, aves e coellos. Agora comercializa tamén unha innovadora gama de alimentación para cabalos, coa que conseguiu abrir mercados fóra das nosas fronteiras.

Tras 40 anos de experiencia na fabricación de penso, hai uns meses sacaron ao mercado unha nova gama de nutrición equina. Un produto concibido e desenvolvido integramente en Galicia, neste laboratorio situado en Sada.

Un produto innovador co que abren unha nova liña de negocio, e co que agardan estender o seu mercado actual, máis alá de Galicia, Asturias, Castela e norte de Portugal. A clave do éxito, utilizar ingredientes de calidade e apostar pola desmedicalización.

Actualmente tamén traballan nun revolucionario método de erradicación das micotoxinas, un elemento moi prexudicial para a saúde, presente nalgunhas materias primas.

Telexornal Serán

31/01/2018