CRTVG

Buscar

Unha empresa galega é pioneira e líder no mercado gastronómico a través da rede

Publicado o 13/01/2018 15:38

Unha empresa galega é pioneira no mercado gastronómico on line. Ofrece máis dun milleiro de ingredientes internacionais para poder cociñar todas as receitas do mundo dende calquera punto do país.  Xa conta con seis mil usuarios e case un milleiro de clientes fixos, entre eles, prestixiosos cociñeiros. Cun só click distribúen os seus produtos por toda España e Portugal. 

É a única materia pendente desta empresa on line que ofrece todas as gastronomías do mundo nunha soa tenda. A golpe de click un pode conseguir máis de 1.300 ingredientes. Unha garantía no abastecemento que ampliou o seu abano de clientes.

Ademais de ingredientes, o usuario atopa nesta páxina outros servizos. Dende información cinematográfica ata receitas ou dicionarios. Sempre relacionados coa gastronomía.

A atención personalizada é a clave do éxito dunha empresa que on line se resiste a perder a esencia dos antigos ultramarinos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018